lunes, 24 de junio de 2013

LIPDUB "COMO PRODUCIR MENOS LIXO"

Como actividade final do Proxecto "Reciclacorión" gravamos con todo o colexio este magnífico Lipdub. A letra é unha creación do profesor de música, Rafa, os solistas son os alumnos e alumnas de 3º curso, o estribillo cántano todos os rapaces e rapazas do colexio acompañados polos seus mestres e mestras e está inspirado no conto dos Bolechas sobre a Reciclaxe.

viernes, 31 de mayo de 2013

LIPDUB: "COMO PRODUCIR MENOS LIXO"

O alumnado do CEIP Coirón Dena realizará nos vindeiros días a gravación dun lipdub cantando a canción "Como producir menos lixo", inspirada nun libro dos Bolechas de Pepe Carreiro.
Desta maneira rematamos o proxecto "Recíclate Coirón" onde puidemos desenvolver moitísimas actividades relacionadas coa reciclaxe e vinculadas coa adquisición das competencias básicas: lingüística, coñecemento do medio físico e natural, matemática, aprender a aprender, tratamento da información, artística...etc

Deixamos aquí únicamente a música xa que o video inda non se gravou.


TODO PREPARADO PARA REUTILIZAR

A partires do luns 3 de xuño todo o alumnado do centro e as súas familias poderán comezar a traer os obxectos reutilizados para deixalos na exposición que está preparada na entrada principal do centro.

Non vos olvidar de engadirlle o nome e o curso do alumno/a.


Grazas pola colaboración.

jueves, 30 de mayo de 2013

ANIMANDO A RECICLAR NO TEATRO DAS LETRAS GALEGAS

Para a conmemoración das letras galegas a reciclaxe tivo un papel fundamental. Todo o alumnado do centro participa activamente na representación de obras teatrais. Este ano o coidado do medio ambiente tivo un espacio central na temática das obras. Unha mostra delas é esta titulada: "Cóidallo, cóidao... de ti depende", representada polo alumnado de 4ºB.

lunes, 20 de mayo de 2013

AS PATRULLAS DE RECICLAXE

No CEIP Coirón Dena estamos desenvolvendo unha avaliación formativa e introducindo melloras no proceso de reciclaxe. Unha das medidas foi crear unhas patrullas de reciclaxe no centro que axuden a todo o alumnado a realizar de forma correcta o depósito do lixo nas Illas de Reciclaxe. Aquí vos deixamos unha fotos.









viernes, 3 de mayo de 2013

XOGAMOS CO TRIVIAL XIGANTE DE SOGAMA

O alumnado do CEIP Coirón Dena tivemos a oportunidade de xogar ao Trivial Xigante de Sogama. Foi moi productivo e educativo e ademáis supuxo unha maneira moi motivante de aprender para todo o alumnado.

Aquí vos deixamos unhas fotografías dos momentos nos que o alumnado estivo xogando.

martes, 16 de abril de 2013

ENTROIDO RECICLADO NO CEIP COIRÓN DENA

Este ano no noso centro e motivado polo Proxecto Documental Integrado que leva por título "Coidemos o noso entorno", decidiuse que o tema central do entroido sería o aproveitamento das roupas que hai pola casa para facer un disfrace de CHOQUEIRO. Todas as clases se disfrazaron de choqueiros e destacou a orixinalidade dalgúns disfraces.

viernes, 5 de abril de 2013