MEMORIA FINAL DO PROXECTO



TÍTULO: PORQUÉ NON?; RECÍCLATECOIRÓN.

Tiñamos dúas opcións: facelo ou non?
Era Setembro, a finais e tomar a decisión pareceunos fácil e viable. Consistía en facelo ou non facelo. Pero de que trataba, porque facelo, cómo había que facelo e si sairía ben eran cuestións a ter en conta.
Decidimos comezar a pensar si todo o mundo estaba disposto a participar dunha idea que faría do noso entorno un lugar máis respetuoso con medio ambiente. Esta é a historia.

Así, nunha vila galega, nun cole galego onde mestres e alumnado soían involucrarse en multitude de proxectos, tres colectores decidiron facer unha visita para coñecer cómo podían axudar a un mellor coidado do medio ambiente e do propio centro.
Cando chegaron a acollida foi moi calurosa. Pero nós queriamos que viñesen outros tres para que os tres  primeiros tivesen un compañeiro das súas mesmas características para traballar de xeito cooperativo e axudar ao profesorado e alumnado a facer un bo traballo.




A finais de Xaneiro chegaron os outros tres colectores.POR FIN!




Chegaron tarde, pero chegaron. E unha vez chegados todos se puxeron ao traballo: mestres e alumnado comezamos a facelo.

Pero estes seis colectores estaban tristes, faltáballes algo, necesitaban aos seus pais. Non estaban sós (os nenos e os mestres tratábanos moi ben) pero necesitaban a súa parte adulta que lles permitira desnvolver o seu traballo con eficacia.

Contactamos co concello de Meaño e a través da colaboración mutua e unha búsqueda intensa logramos que estes minicolecotres tivesen cerca aos seus pais. Uns grandes colectores que permitían a todos (alumnado, profesorado, camión da recollida...etc) un traballo máis sinxelo e sen problemas.

Os pais colocáronse na entrada do colexio para vixiar que toda a comunidade educativa facía ben o seu traballo. Eran como os guardiáns da reciclaxe no noso centro. O alumnado xogaba cos minicolectores nos momentos do recreo e o profesorado, coas súas clases, participaban do xogo que lles propoñían os colectores maiores.



Volvendo atras, é necesario recordar que antes de que chegaran os colectores, o profesorado intentou prepararlles unha gran benvida. Para iso, decidiron decorar todo o colexio con milleiros de murais con debuxos dos nenos. 






CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS

 Nesta benvida participou todo o alumnado daquel centro que tiña gañas de:


- Coñecer os procedementos que deben seguir para unha boa reciclaxe: contenedores, residuos...
- Manter unha actitude positiva ante a reciclaxe e responsable co medio ambiente.
- Potenciar a posta en práctica na regla das catro R (Reducir, reutilizar, reciclar e recuperar).
- Protagonizar de forma diaria a responsabilidade persoal de xeito autónomo coa recilaxe dos residuos que xeran de forma individual: papeis, plásticos, orgánicos, pilas...

Todos estaban ansiosos por que chegaran, estaban desexando xogar con eles ao xogo que eles propoñían. O profesorado tamén quería que chegaran dunha vez. Eles pretendían:

- Establecer relacións entre os contidos presentados teóricamente e a práctica no seu entorno máis próximo.
- Utilizar os diversos procedementos e materiais didáctico-pedagóxicos para a adquisición das competencias básicas en relación coa reciclaxe e coidado do medio ambiente (Traballo por proxectos, integración das TIC, proxectos de investigación-acción...etc). 


O centro e a comunidade educativa en xeral tamén tiña gañas, había ilusión, querían:

- Minimizar os efectos medioambientais na xestión dos residuos que xera o noso centro.
- Dar a coñecer este proxecto a toda a comunidade educativa.
- Ofrecerlle a toda a comunidade educativa a posibilidade de facer un bo uso dos residuos.
- Facilitar o proceso de reciclaxe nas distintas dependencias do noso centro.
- Colaborar co entorno máis próximo na recollida selectiva dos residuos: papel, cartón, plásticos, vidrio, orgánicos¿etc.
- Ofrecer ferramentas virtuais para o coñecemento da xestión dos residuos e da súa reciclaxe.
- Potenciar a comunicación coa comunidade educativa neste eido da reciclaxe coa finalidade de trasladar ás vivendas das familias o traballo que se desenvolve no centro.
- Manter informada á comunidade educativa en relación ao desenvolvemento deste proxecto.
- Intensificar a reciclaxe no entorno máis próximo e colaborar coas institucións do entorno (Concello) para un mellor funcionamento da xestión dos residuos do noso centro.

ORGANIZACIÓN, DESENVOLVEMENTO E METODOLOXÍA

Eran tantos os propósitos e tanta a espera pola chegada que decidiron comezar sin eles. Faltaba algo, os protagonistas non chegaban, pero todos estabamos tan ilusionados que o profesorado nas aulas comezou a traballar con forza con exemplos como:

Veña, non nos enredemos e contemos a historia a partires da chegada dos protagonistas. A situación que se dou foi a seguinte:

Coa chegada dos minicolectores decidiuse a súa colocación nos patios cubertos de Educación Primaria para que tivesen ao alumnado cerca e xogar con eles no momento do recreo. Todos os resíduos que o alumnado xera nas merendas sería depositado nos minicolectores (que formaban dúas illas de reciclaxe).
Nas 17 aulas, na biblioteca, na aula de inglés, en dirección e en conserxería estaban as bolsas facilitadas por Sogama para que o alumnado reciclara no interior da aula de xeito efectivo e coa axuda dos seus mestres.
E na entrada do colexio, no interior do recinto escolar estaban os pais dos minicolectores. Alí se dirixían os alumnos todolos venres para vaciar as bolsas que tiñan nas aulas.

A organización estaba moi clara e todos comezamos a acostumarnos a ver ao alumnado coas bolsas de diferentes cores dirixirse aos colectores adultos a depositar os residuos que se xeraban no interior das aulas.

Todo o alumnado se acostumou a facer un bo uso dos minicolectores que había no patio do centro e o momento do recreo simulaba ser un gran xogo: Os minicolectores chamaban polos nenos e nenas e estes acudían a eles a xogar como mellor saben: cadaquén xogaba co colector que máis lle conviña: co composteiro para resíduos orgánicos, co azul para papeis, cartóns..., co amarelo para plásticos e briks e co verde para resíduos descoñecidos ou que non podían ir nos anteriores.

Todo comezou funcionando máis ou menos ben (había erros) e durante un momento, no mes de marzo os colectores queixáronse que de estabamos cometendo algúns erros. Notámolos tristes e decidimos facer unhas patrullas de reciclaxe na que os propios nenos informaran ao resto da tristeza que tiñan os minicolectores por non xogar ben con eles. Nesas estamos agora e esperamos que se vaian atopando mellor pouco a pouco. 


AVALIACIÓN

A avaliación foi formativa de xeito que no desenvovemento do proxecto houbo que introducir novidades que melloraran os resultados e así alcanzar os obxectivos propostos.

Nós prometemos non deixalos así e poñerlle unha cura a esa ferida que os mantén triste. Pouco a pouco están mellorando e xa comezan a sorrir.
A chegada dounos forza e os traballos do alumnado melloraron en calidade e en profundidade:
  • A reciclaxe fíxose un oco no Xornal Escolar do noso centro. Isto reflexa a importancia que todo o centro lle da. Foi portada ademáis.
  • Necesitabamos concienciar as familias da importancia da reciclaxe e o alumnado de 6º abordou este traballo con moito éxito analizando a través de enquisas a evolución da reciclaxe no concello de Meaño dende o ano 2004 ata a actualidade. Tiveron o seu premio; Sogama publicou o seu resultado na súa páxina web.
  • O centro tiña que comezar a cabiar e para iso o profesorado de TICs e o alumnado de 5º elaboraron uns carteis moi orixinais para sensibilizar a toda a comunidade educativa sobre a necesidade de comezar a coidar o que temos.
  • O Xogo Xigante de Sogama axudounos a profundizar sobre a temática e a abordala de xeito lúdico. O alumnado mostrou a evolución dos seus coñecementos con respecto ao inicio do curso e todos estiveron encantados con este xogo.
  • Para a conmemoración das letras galegas a reciclaxe tivo un papel fundamental. Todo o alumnado do centro participa activamente na representación de obras teatrais. Este ano o coidado do medio ambiente tivo un espacio central na temática das obras
  • Esta previsto para o mes de xuño (poderase consultar no blogue) unha actividade de exposición de obxectos reutilizados.
  • E para rematar temos o pracer de poder rematar este proxecto cun “lipdub” sobre a reciclaxe. Levarase a cabo no mes de xuño e poderase consultar no blogue da reciclaxe.

Este proxecto estivo inmerso noutro máis amplo denominado “Coidemos a nosa contorna” na que abordamos:
  • O estudo da flora galega
  • Achegamento á fauna galega
  • Somos cidadáns responsables.
Para ver os traballos deste gran proxecto deberedes acceder aos distintos blogues que o CEIP Coirón Dena ten para o desfrute de todos na súa páxina web.

PROFESORADO PARTICIPANTE NO PROXECTO

Se o alumnado estivo moi motivado con este proxecto, o profesorado non o estaba menos. Todo o profesorado do centro participou activamente neste proxecto co seu grupo clase e nas súas especialidades (inglés, música, educación física...etc). 
A continuación reprodúcese aquí o profesorado participante. No referente ás tarefas realizadas, únicamente se diferencia ao coordinador como dinamizador principal deste proxecto e persoa encargada de informar ao claustro das decisións relativas ao proxecto.



BIBLIOGRAFÍA SELECCIÓNADA POLO EQUIPO DE BIBLIOTECA DO CEIP COIRÓN DENA PARA O PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO “COIDEMOS A NOSA CONTORNA” NO QUE SE INTEGRA “PORQUE NON? RECÍCLATE COIRÓN”

No hay comentarios:

Publicar un comentario