Este blogue constitúe o proxecto central que o alumnado do CEIP Coirón Dena vai desenvolver durante oeste curso. Consiste nun traballo de achegamento, coñecemento, experimentación e investigación sobre a RECICLAXE.
Dende fai xa varios anos vimos percibindo no centro a necesidade de complementar os coñecementos que o alumnado ten asimilado con respecto ao medio ambiente e que se traballan de forma transversal en tódalas áreas de coñecemento e relacionalos coa realidade máis próxima.

Percibimos cómo ao alumnado lle preocupa o coidado do noso planeta, é sensible ante os graves perxuicios que o ser humano está cometendo. Polo tanto para que o alumnado sexa consciente da necesidade de conservar o noso medio, consideramos necesario facelo dun xeito teórico-práctico.
Así, decidimos traballar o coidado do noso planeta con unha dobre finalidade: Por un lado actuar de xeito responsable cos residuos que xera o noso centro e por outro implicar ao alumnado do noso centro neste traballo que, de seguro, se extrapolará ao seu entorno máis próximo. A introducción das competencias supón establecer relacións teórico - prácticas por un lado e ser capaces de que o alumnado execute as aprendizaxes na realidade máis próxima.
Para levar a cabo este traballo o alumnado de 4ºB conxuntamente co seu mestre-titor decidiron crear un blogue no que ir presentando os traballos deste proxecto no que se poderán comprobar os contidos que abordamos e as aprendizaxes asimiladas polo alumnado.
Este traballo supón unha profundización do traballo que elaboramos dende todo o centro coa participación no proxecto Recíclate con Sogama no que se nos facilitarán tódolos medios: bolsas, contenedores, carteis, posibilidade de acercarse a unha planta de reciclaxe, formación...etc.

Esperamos que vos guste todo o traballo que aquí vos deixemos. Un saudo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario