martes, 20 de noviembre de 2012

RESULTADOS DOS CUESTINARIOS

O alumnado de 4ºB axudou moito ao seu mestre na configuración do proxecto. A semana pasado tiveron que cubrir un cuestionario no que deberían contestar a unha serie de preguntas que serían moi útiles para darlle resposta ás súas motivacións e intereses sobre a reciclaxe. Aquí recollemos o máis destacado.
QUE QUEREN SABER?

O alumnado quere coñecer multitude de elementos sobre a reciclaxe:
  • Os beneficios de reciclar.
  • Coñecer todo o proceso da reciclaxe.
  • Resíduos para cada contenedor.
  • Como facer  cousas útiles cos resíduos?
  • Como é unha fábrica de reciclaxe? Que se fai alí?
  • Como se fan os envases que logo temsos quer reciclar?
  • Qué se pode facer cos distintos materiais reciclados?
  • Como podemos facer para que todo o mundo recicle?
  • Funcionamento do Punto Limpo e que se fan coas cousas que se deixan alí?
  • Maquinaria que se utiliza para renovar os productos desfeitos e rotos.
  • Que pasaría se non reciclamos?
  • Que se fai na actualidade con tanto lixo?
  • Que se pode facer cos papeis usados?
ONDE PODEMOS BUSCAR INFORMACIÓN?

Nos cuestionarios o alumnado explicou que podíamos buscar información nos seguintes lugares:
  1. Na páxina web de Sogama.
  2. En Internet.
  3. Consultas a empresas de reciclaxe.
  4. Nos concellos, nas concellerías de medio ambiente.
  5. Na Axencia de Protección Ambiental de EEUU
  6. A través da observación directa.
  7. En youtube
  8. En revistas e enciclopedias
  9. En libros que hai na Biblioteca do centro.
 QUE ACTIVIDADES ESTÁN INTERESADOS EN ABORDAR NESTE PROXECTO?
  • Facer unha patrulla de reciclaxe no patio.
  • Anuncios publicitarios en expresión plástica para poñer polo cole e concienciar a todo o alumando.
  • Fotomontaxes onde se modifiquen fotografías de actuacións negativas para o medio ambiente e se convirtan en positivas.
  • Elaborar un Power Point sobre a reciclaxe.
  • Clasificar os resíduos nos contenedores.
  • Adornos para o Nadal con material de refugallo." Así aforramos cartos".
  • Actividades de Reutilización de obxectos-
  • Como facer coa basura orgánica?
  • Limpar o patio semanalmente de lixos.
  • Facer unha árbore de Nadal ou un Robot con material de refugallo.
  • Debuxo libre sobre a reciclaxe.
  • Fotografías.
 COMO ORGANIZARÍA O ALUMNADO A AULA?
  1. Agrupamentos flexibles e en grupos de 4 persoas.
  2. Decoración para a aula sobre a reciclaxe.
  3. As bolsas de reciclaxe que estean nun lugar onde se informe cun mural sobre os resíduos que lle corresponden a cada cor.
QUE TIPOS DE SAÍDA ESTARÍAMOS DISPOSTOS A FACER?
  • A Sogama
  • A unha fábrica de facer latas onde se puidera ver como funden o metal, como lle dan forma e elaboran a lata e como a enchen do producto.
  • Sair ao parque dos Pasales a facer unha limpeza do entorno.
  • Ver o traballo e como son os vertedoiros de basura.
  • Coñecer o traballo diario do camión do lixo saíndo con eles a traballar.
  • Visitar unha empresa onde elaboren productos a partir de materiais de refugallo.
  • Ir a un sitio limpo, sen contaminación.
Sen dúbida este traballo facilita enórmemente o feito de que o proxecto se axuste ás necesidades, intereses e inquedanzas do alumnado. Iremos deixando aquí mostras do traballo que se vaia realizando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario