jueves, 7 de marzo de 2013

RECICLANDO A TOPE!

Dende fai máis dun mes xa temos no noso centro as illas de reciclaxe para a posta en funcionamento do proxecto "Recíclate con Sogama". Están ubicadas nos patios cubertos de Educación Primaria para que o alumnado deixe os resíduos propios das comidas e merendas que toman durante o momento do recreo. Ademáis, en tódalas aulas do centro están repartidas as tres bolsas (amarela, azul e verde). Tódolos venres os responsables das aulas que determine o seu titor recollen o lixo das bolsas e lévanos aos contenedores grandes que temos no recinto escolar gracias á inestimable colaboración do Concello de Meaño que nos facilito un contenedor azul e outro amarelo para que no interior do recinto poidamos continuar coa reciclaxe sen ter que sair ao exterior do centro cruzando estradas. Aquí vos deixamos unhas fotografías de toda a infraestructura recicladora que temos no centro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario