miércoles, 13 de marzo de 2013

TRABALLO DE CAMPO. ENQUISAS RECICLAXE.

O alumnado de 6º curso estivo facendo un traballo de estatística relacionado coa porcentaxe de familias que recicla. Para ver os resultados da boa evolución da reciclaxe no Concello de Meaño decidiuse que cada alumno/a (23 en total) deberan preguntar a cinco familias diferentes unha serie de preguntas sobre a reciclaxe nas súas casas. 

Cos resultado deses cuestionarios feitos polo alumnado decidiuse traballar na aula de informática a creación de gráficos de barras e de liñas para ver a evolución da Recicaxe dende o ano 2004 ata a actualidade.

Aquí vos deixamos os resultados a través dos gráficos creados polo alumnado. 



·        ANÁLISE DOS DATOS:

A análise destes datos manifesta en primeiro lugar que cada vez hai máis unidades familiares que recicla, pero hai que seguir concienciando á sociedade para que sigan aumentando as porcentaxes de familias que reciclan os seus resíduos.
Por outro lado tamén é necesario comentar que queda inda un 17% de familias que non recicla nada na actualidade.
Destacamos datos coma os seguintes:

-    -   O papel e o cartón xunto co resto do lixo é o que menos se recicla.
-   -   As pilas e baterías son con diferencia os resíduos que máis se reciclan na actualidade como xa o viña sendo no ano 2004.


No hay comentarios:

Publicar un comentario